CONCLUSIÓNS
O xornalismo en México foi pioneiro en América Latina coa aparición das “actas informativas”. Pola contra, a súa situación empeora cada vez máis rápido, chegando a ser un dos países más perigosos para exercer a profesión.
Para moitos mexicanos, o desencadeante desta situación actual remontase ao ano 1882, cando foi aprobada por primeira vez unha lei mordaza que levou consigo unha grave crise para os comunicadores. Un proceso latente é a normalización por parte da sociedade destes asasinatos. Xa dende os primeiros orixes do xornalismo, os asasinatos de xornalistas relacionábanse co narcotráfico, polo que a sociedade, plenamente consciente do dano que causa este no país, acepta o crime, quedando así impunes. A impunidade destes crimes é o que máis chama á atención. Menos do 5% dos asasinatos son levados ás mans da xustiza. Isto explícase por dúas razóns: a desconfianza por parte da sociedade cara os que gobernan o país e a propiedade dos medios. A maioría das empresas de comunicación do país pertencen a familias adiñeiradas, que na maioría dos casos, están relacionados coa política. Isto tamén explica que a maioría dos mexicanos prefiran os blogs privados para informarse. Pero a pesar disto, a maioría da sociedade mexicana non se resigna. Aínda que o xornalismo é unha das profesións máis perigosas do país, as vítimas aumentaron aproximadamente un 80% máis desde que Peña Nieto se encontra no poder e que ocupa o lugar 149 de 180 en liberdade de prensa, miles de xornalistas levántanse día tras día para exercer a súa profesión, sabendo que a súa vida corre perigo. Finalmente, resulta importante a difusión desta desoladora situación. As premisas de futuro non son esperanzadoras. Cada vez é máis probable que o total de homicidios no goberno de Peña Nieto supere á cifra total do goberno de Calderón. En pleno século XXI, para que unha sociedade sexa libre e evolucione, necesita información. Pero esta información non debe de ser parcial, sesgada e manipulada. Aínda que o goberno intenta dar a entender que aproba leis para mellorar a situación (como a aprobada en abril de 2013) é factible que en realidade non é así. Vendo a historia do país vemos que unha mellora é posible (como o que foi factible coa revolución estudantil dos anos 70), polo que está nas nosas mans que volva a repetirse. |