Yuval Harari mostra unha visión pesimista do futuro na cal defende que a sociedade se dividiría en superhumanos mellorados grazas ás novas tecnoloxías e unha masa de humanos prescindibles.
Con todas estas melloras tecnolóxicas, moitas profesións chegarían a desaparecer posto que todo podería ser controlado polas máquinas -incluso a medicina recaería en mans dun chip, facendo que os humanos perdesen a súa privacidade.
Na miña opinión, os seres humanos que formaran parte desta “masa de humanos prescindibles” non permitirían que esto chegase a suceder, podendo incluso chegar a repetirse algún tipo de movemento ludista, como o que xa sucedera no século XIX coa Revolución Industrial.
Con respecto aos medios de comunicación, todas estas melloras recordan ao concepto de telépolis de Ramón Salaverría, na cal a sociedade estaría totalmente supeditada a estos, chegando o individuo incluso a ser anulado ou a sufrir pasividade. Chegaría a haber un fluxo de información cunha cooperación entre industrias e unha audiencia que migraría para consumir e producir (prosumidores), creando así unha intelixencia colectiva.
Coa chegada de internet e a aparición do Big Data, xorde unha cantidade masiva de datos dispoñibles a toda persoa cunha conexión á rede. Esto axudaría a chegar á situación exposta por Yuval Harari, xa que con toda esta cantidade de información ao alcande das persoas, as melloras tecnolóxicas medrarán expoñencialmente.
Sen embargo, estes datos non estarían unicamente a disposición das grandes empresas, senón que calquera persoa podería acceder a eles, polo que o coñecemento estaría ao alcance de calquera.
En conclusión, as melloras tecnolóxicas, sempre que se utilizasen ao servizo do ser humano, e non intentando ocupar o seu lugar, serían algo positivo que axudaría á sociedade a mellorar.