xornalismo en méxico: dende a orixe ata o século xx
O xornalismo en América Latina naceu precisamente en México con pequenas gactas informativas chamadas “hojas volantes” cando aínda estaba baixo o dominio español. Estas gacetas evolucionarían aos xornais que se convertirían nun gran medio de propaganda política durante a guerra da independencia mexicana e nos primeiros anos neste novo réxime político. Un dos primeiros xornais mexicanos foi El Despertador Americano: Correo Político Económico de Guadalajara, deste xornal publicáronse únicamente 7 números. Mentras tanto, os liberais e conservadores pelexaban polo poder, levando ao país a unha gran inestabilidade política e a ter 30 presidentes en 30 anos. Nesta época tivo lugar a proclamación dunha das leis máis duras contra o xornalismo en México, a Ley Mordaza de 1882 que permitía aprisionar a xornalistas únicamente sendo denunciados por calquer cidadán. A comezos do século XX a prensa oficial xa estaba controlada polo goberno, o que fixo que xurdira a chamada prensa obreira. A prensa obreira denunciaba abusos de poder e reclamaba máis dereitos e liberdades, así coma a emancipación da muller ou a creación de cooperativas, por suposto esta prensa foi censurada por o que era naquel momento o presidente de México, Porfirio Díaz. O triunfo da revolución mexicana e o final da etapa porfirista trouxo consigo un dos periodos de maior liberdade de expresión en toda a historia do país. Nesta etapa nacen algúns dos xornais máis importantes de México como El Universal,fundado por Félix Fulgencio Palavicini influenciado pola prensa estadounidense . Sen embargo o novo goberno encabezado por Francisco Ignacio Madero González tivo que facer fronte a problemas derivados desta nova liberdade de expresión, xa que os diarios comezaron a publicar información de mala calidade e non contrastada. A queima de imprentas e as represalias volveron, aínda que non tan duras coma na dictadura de Porfirio Díaz. A prensa pasou a ser un producto comercial e nos xornais aparecían noticias cargadas de morbo e amarillismo para facerla máis atractiva ao público. Ademáis, fabricar xornais era moi caro, polo tanto o goberno ideou un plan para regular o mercado do papel ca excusa de abaratar o proceso de producción, pero co obxectivo final de controlar vendas e a información que se publicaba. Aquí chégase a un punto no que o control era total debido ao control do goberno por un lado e ao control de caciques polo outro. Na revolución de estudantes de 1968. O movemento estudantil estivo estreitamente relacionado co xornalismo debido a que os estudantes abriron medios de comunicación alternativos, favorecendo así a opinión pública. Foron críticos co goberno de Gustavo Díaz Ordaz e a pesares da censura convocaron grandes manifestcións a grito de “¡Preeensa Vendida!” mentras repartian panfletos informativos nos que se explicaban a corrupción e a censura que rodeaban aos diarios oficiais. Dentro dos medios de comunicación máis populares cobraron importancia o xornal Excélsior, dirixido por Julio Schnerer, e o xornal El Día xa que informaban dende un punto de vista máis crítico e apoiaban ao movemento estudiantil, pero sen deixar de ser uns xornais comerciais nos que seguía presente a censura. Estes diarios captaron a unha audiencia máis ilustrada, que pertencía a unha clase media universitaria e permitiron un xornalismo máis perspicaz. Entre as axencias de noticias destacou a axencia AMEX, dirixida por o empresario Enrique Quintanilla Obregón, que foi acusado de fraude e encarcelado debido a súa incursión no mundo do xornalismo. O presidente Díaz Ordaz prohibiu a tódolos medio difundir ou publicar noticias desta axencia, que chegou a ter ata 180 noticias ao día e unha rede de corresponsais no ámbito internacional. A partir de 1970 o xornalismo mexicano viuse favorecido por unha xeración de xoves que participaron no movemento estudiantil e que acabaron traballando nas redaccións dos xornais. Un cambio xeneracional que co paso do tempo marcou un legado dun movemento social que foi severamente reprimido. Moitas publicacións das décadas posteriores foron froito dunha nova mentalidade xornalística que xurdiu en 1968. No xornal Excélsior Manuel Buendía Tellez Girón tiña unha columna chamada Red Privada que era dfunfida por máis de 60 xornais arredor do país, facendo de Buendía un dos xornalistas máis famosos. Nesta columna escribiu durante 26 anos sobre moitos temas, coma a corrupción do goberno, as actividades ilícitas de empresarios no mundo do tráfico de drogas, a igrexa ou o descubrimento de axentes da CIA encubertos en México. Esto todo fixo que fose asasinado o 30 de maio de 1984 de 5 disparos nas costas cando salía da sua oficina en Cidade de México. O asasino escapou nunha motocicleta e o delito quedou impune. Esto fixo que Buendía fose considerada a primeira víctima da narcopolítica. O asasinato de Buendía causou un gran impacto na prensa internacional, o Washington Post facía referencia as pesquisas do xornalsta soobre a CIA como o móvil do crime, The New York Times afirmou que foi por algo que escribíu e The Guardian apuntaba que o monopolio petroleiro constituía un blanco predilecto do xornalista mexicano. En xullo de 1989 o xornalista arxentino Miguel Bonasso mencionou a hipótese de que Buendía fose asasinado por descubrir unha importante operación da CIA sobre o tráfico de armas en Centroamérica: “Esa operación –escribiu Bonasso– bien podría consistir en el tráfico de armas desde México hacia Honduras y Costa Rica. Según esta versión, desde Coatzacoalcos (en plena área petrolera) saldrían armas para abastecer la contrarrevolución nicaragüense. En el affaire estarían comprometidos funcionarios de Pemex y dirigentes del Sindicato de Trabajadores Petroleros de la República Mexicana, a quienes Buendía hizo blanco de frecuentes denuncias sobre corrupción”. |
|
En 1989 foi acusado do seu asasinato José Antonio Zorrilla, presidente do Partido Revolucionario Institucional de Hidalgo de 1979 a 1981. Foi condenado a 35 anos de prisión e a día de hoxe aínda cumple condena por ser sinalado como o autor intelectual do crime.
Dende o asasinato de Manuel Buendía ata o ano 2000 foron arredor de 80 os xornalistas víctimas de asasinato en México. A maioría foron tamén víctimas de extorsión e de chayotes (soborno de xprnalistas para que retiren ou non publiquen certa información) antes da súa morte.Os delitos normalmente quedan impunes e son relacionados co narcotráfico ata o punto en que se viu normal o asasinato de xornalstas. Algúns dos casos foron:
Javier Juárez Vázquez (1984): foi director do diario Primera Plana en Coatzcoaltos, no estado de Veracruz, no que denuncio a corrupción e o contrabando. O seu corpo foi atopado maniatado e mutilado 24 horas despois do de Manuel Buendía.
Martín Heredia Sánchez (1989): era reporteiro de sociedade no xornal El Sol de Centro, en Veracruz. O 29 de novembro foi da súa casa para o traballo e nunca volveu, e o seu cadáver tampouco foi atopado. Este foi o primeiro caso dun xornalista “desaparecido”. Alfredo Córdova Solórzano (1990): descubriu uns individuos intentando roubar o seu veículo e estes, ao ser sorprendidos disparáronlle e morreo no hospital tres días máis tarde. Era director do xornal Unomásdos e corresponsal de Excélsior. Ignacio Mendoza Castillo (1993): era propietario de diversos medios no estado de Quintana Roo. As sospeitas do seu asasinto centráronse no ex-gobernador do estado, debido a que Mendoza denunciara públicamente mediante unha folga de fame na capital casos de corrupción cometida na venda de terreos turísticos. Jesús Abel Bueno León (1997): editor de La Crónica del Chilpancingo y Siete Días. Foi asasinado dun disparo en Chipalnando, Guerrero. Estaba acusado de difamación por publicar un artigo que vinculaba ao anterior secretario xeral de Guerrero cun asasinato dun avogado en 1995. Pablo Pineda Gaucín (2000): era reporteiro de La Opinión en Matamoros, Tamaulipas. O seu corpo foi atopado na zona limítrofe con EEUU, preto de Harlington, Texas. Anteriormente fora acusado de ter relación con crime organizado e o narcotráfico. |
Linda Bejarano León (1988): foi directora dun canal en Ciudad Juárez. A policia disparoulle 47 veces un suceso que foi calificado como un errro de indentificación, xa que confundiron o seu coche con un que levaba traficantes de droga.
Víctor Manuel Oropeza (1991): era médico e columnista do Diario de Juárez. Varioa individuos entraron na súa consulta e asasinárono. A súa morte foi moi polémica, xa que a familia organizou distintas protestas e manfestacións.
Ignacio Mendoza Castillo (1993): era propietario de diversos medios no estado de Quintana Roo. As sospeitas do seu asasinto centráronse no ex-gobernador do estado, debido a que Mendoza denunciara públicamente mediante unha folga de fame na capital casos de corrupción cometida na venda de terreos turísticos. Cuauhténco Ornelas Campos (1995): a súa muller declarou que cando se marchou da casa ía comer co irmán do alcalde da súa vila, Torreón, no estado de Coahuila, a quen criticou duramente na súa revista. |