Concretar os asuntos de Journalism in the Age of Data
Journalism in the Age of Data é un documental do xornalista online Geoff McGhee que trata sobre o mundo das técnicas de visualización dentro do contexto xornalístico. Nel, científicos, investigadores, deseñadores gráficos e artistas falan sobre como os medios de comunicación están comezando a prepararse para un futuro próximo no que os datos se converterán nun medio en si mesmos.
A visualización da información é unha disciplina que hai xa un tempo que está bastante de moda, tanto no contexto do deseño gráfico como con intencións artísticas, pero se hai un medio no que ten especial importancia é o xornalismo, obviamente. O gran reto é conseguir transmitir algo a través dos datos, exportando a narrativa tradicional dos medios de comunicación a unha nova forma de mostrar a información.
Sobre isto trata o documental,Journalism in the age of data, fala da capacidade para tomar datos , para poder entendelos, procesalos para extraer valor, para visualizalos, para comunicalos,e mais importante, para facelos entendibles. Porque agora realmente temos datos esencialmente libres e omnipresentes e a capacidade de entendelos e extraerlles valores e significados tan gratuíta como dificil de empregar.
Fala ademais de que a visión é o ancho de banda máis grande que temos en canto á información sensorial. Así que este documental trata o tema de como a visualización de datos pode comunicarse tanto co contexto como cos elementos narrativos dunha historia, e como os valores que destes datos se sacan veñen dados da integridade dos propios datos pero tamen clase de xuízo, interpretación e comprensión do contexto e a historia que os cerebros de cada home e muller fai sobre eles.
Para ensinarnos isto viaxa a través das diferentes estruturas narrativas que poden utilizarse para axudar a comunicar historias complexas como a ' Copa de Martini', é dicir, despois de levar á xente a través dunha historia con guión máis concreto, abre a visualización para a exploración de máis datos.
No camiño aprendemos sobre o valor da iteración rápida, o desafío dos datos vivos (imaxinar romper datos das noticias que aparecen nunha visualización en vivo), e terminamos onde empezamos, coa crecente democratización da visualización de información a través de iniciativas como IBM e aplicacións como Google charts
Fontes do documento audiovisual:
Allen, Shown (Stamen Design)
-Byrne- Frasser, Scott (BBC News Online): Creador de visualizacións como a de mortes por accidentes no Reino Unido, que non existían en ningún outro lugar, e unha base de datos sobre vítimas de Afganistán e Iraq. Recoñece que aínda que ao público en xeral gústanlles, leste prefire que haxa máis historia detrás das visualizacións.
-Byron, Lee. “Last.fm Listening History” (2007): Introdúcese no documental para explicar que a maioría das visualizacións non son entendibles para un lector medio.
-Cairo, Alberto (Editora Globo, Brasil): afirma que “desafortunadamente a infografía está xeralmente dominada pola moda, e a moda actual é unha visualización estraña, formas gráficas de aparencia estraña”. Forma parte da décimo oitava edición de Malofiej.
-Cox, Amanda (The New York Times): defende unha postura na que a edición é o máis importante nas visualizacións e afirma que “os datos por natureza son xerárquicos”. Foi a primeira en utilizar o “gráfico puercoespín”, no seu caso, para representar o déficit.
-Cox, Amanda e Byron, Lee “Ebb and Flow at the Box Office”: Fernanda Viègas e Wattenber, integrantes de IBM Research, afirman que a técnica que se usou foi a de streamgraph (gráfico chorro), que é o termo que lle acuñou o Le.
-Crimespotting:Mapa dos crimes de Oakland,ferramenta moi util para comprender o risco de asasinatos nas cidades basandose nos que xa sucederon.
-Dasbladet, Svenska “How Europa Voted in Last Years Eurovision Song Contest”: gañador do certame Malofiej na súa décimo oitava edición.
-Davis, Chase (californiawatch.com)
-Dédier, Eric (Le Monde): Presenta o programa de xestión de contidos Lle Sept, que non require de moita experiencia en visualizacións e é o que usa o xornal do que forma parte: lemonde.fr.
-Duenes, Steve (The New York Times): Comenta que a disciplina está a crecer e evolucionando e que é diferente do que se estaba realizando no pasado.
-Fairfield, Hannah (The New York Times)
-Felton, Nicholas “Annual Report” (2005): Retransmite toda a súa vida nun ano a través de visualizacións. Infome feltron: feltron.com
-Fry, Ben: Deseñador e consultor de software, afirma que temos un problema de datos debido á excesiva cantidade destes que non vai desaparecer. Autor de “Salary us performance”.
-Grimwade, John (Condè Nast): autor da visualización “Visaulize this: is it information ori s it art” na que se tenta explicar o alcance que está a visualización dos datos a partir de mecanismos audiovisuais.
-Heer, Jeffrey (Stanford): defende que “na actualidade temos datos esencialmente gratis e ubicuos, o que crea un recurso complementario escaso que é a nosa habilidade para usar eses datos de maneira efectiva”
-Holmes, Nigel (Information Graphics Designer): autor da visualización “Vampire Energy “en colaboración con Goog Magazine no ano 2007. Cre que está a xurdir unha tendencia daniña, porque se poden facer cousas preciosas pero completamente imprescindibles.
-Jarvis, Jonnathan “The Crise of Credit Visualized” (2009): ponse de exemplo no documental como unha visualización "historia profundada", mapas interactivos con información, presentándoos nun vídeo con gran carga audiovisual. Richard Koci opina sobre o traballo que “é mono, curioso e serio”.
-Koblin, Aaron (Google Creative Lab.): o primeiro dos traballos que realizou foi unha mirada ao tráfico aéreo de Norteamérica por un período de 24 horas, denomidado “Flight Patterns”, en 2005.
-Koci Hernandez, Richard (University of California): declara a existencia dunha tendencia na que o xornalismo de datos se xunta cos “mothion graphics”:
-Malofiej: reunión realizada en España, Pamplona, na que se expoñen e premian os infográficos máis importantes para noticias do mundo. Alberto Cairo descríbeo: “moita xente de todas partes do mundo reúnese, celebra e fala de infográficos”.
-Paige West, J. (MSNBC.com): creador do “rastreador de estímulo”, feito en sociedade con OnVia. Recoñece que interpretar os datos esixe un gran esforzo por parte do usuario: “dámoslles os datos e deixamos que saquen as súas propias conclusións”
-Pickoof- White, Lisa
-Priest, Dana (The Washinnton Post) Reporteira do Washington Post,dedicou a súa carreira como xornalista á seguridade e intelixencia militar.
-Quealy, Kevin (The New York Times) Editor e creador de gráficos para The New York Times desde 2008.
-Robinson, Michael: expón unha pregunta que pode ser moi interesante “Estamos a levar aos lectores connosco ou os estamos deixando sós” en relación á realización e posterior lectura por parte dun usuario dos datos.
-Rodenberck, Eric (Stamen Design) É o creador de Stamen, un estudo de deseño de visualización de datos internacionalmente recoñecidos con sede en San Francisco, California. O estudo desenvolve proxectos para unha ampla gama de clientes, incluíndo a National Geographic, Facebook e o Dalai Lama.
-Rosling, Onda (Google): É un estatístico sueco coñecido polo seu traballo para Gapminder no cambio de calidade de vida global. El é o Presidente, director e co-fundador da Fundación Gapminder.
-Slobin, Sara (Wall Street journal, Former Fortune Magazine):Deseñadora gráfica de Wall Street Journal.
-Stoll, Prof. Michael (University of Augsburg, Germany)
-Valiño, Álvaro (Público, España) Dirixía a sección de infografía no diario Público. Foi gañador de 28 premios Malofiej,o galardón máis reputado na infografía xornalística.
-Viègas, Fernanda (IBM Research, 2005- 2010): interesada, xunto a Wattenberg, na democratización da visualización.
-Viesselman, Kris (Society for News Design)
-Wattenberg, Martin (IBM Research, 2005-2010): democratización da visualización.
Tamén se mencionan e/ou forman parte do documental:
-Economix
-Flash: É o xornalismo que utiliza Adobe Flash na súa presentación. Pode incluír animación, xornalismo de datos, mapas, interacción, vídeo, audio, presentacións de foto e máis.
-Google Charts: Google Chart é unha aplicación de Google para realizar estatísticas web, de fácil uso para desarrolladores de software web, usado en moitos campos como Google Analytics, pódese usar con diferentes formatos, Javascript e plugins que se poden integrar con varias linguaxes de programación.
-HTML: Siglas en inglés de HyperText Markup Language. É a linguaxe que se emprega para o desenvolvemento de páxinas da internet. Está composto por unha seríe de etiquetas que o navegador interpreta e dá forma na pantalla. HTML dispón de etiquetas para imaxes, hipervínculos que nos permiten dirixirnos a outras páxinas, saltos de liña, listas, táboas, etc. Poderiamos dicir que HTML sirve para crear páxinas web, darlles estrutura e contido.
-Java: Java é unha linguaxe de programación e unha plataforma informática comercializada por primeira vez en 1995 por Sun Microsystems.
-ManyEyes: Descríbese como un instrumento que democratiza as visualizacións de datos. O seu atractivo é que calquera cun bo conxunto de datos pode facer visualizacións atractivas.
-Twitter: É unha plataforma de comunicación bidireccional con natureza de rede social (porque permite elixir con quen che relacionas) que limita as súas mensaxes a 140 caracteres.
-Twitpic: foi un sitio web que permitía aos usuarios publicar facilmente fotos en Twitter, microblogging e redes sociais. Twitpic era a miúdo utilizado polos xornalistas e cidadáns para cargar e distribuír imaxes en tempo case real do que estaba a ocorrer.
-Sep: Sociedade Española de Xornalística (SET) consolidouse como unha institución sempre atenta aos asuntos nucleares do Xornalismo, as súas prácticas, os seus estándares profesionais, as súas transformacións, a diversidade de linguaxes nos que se expresa, o perfil dos que o exercen, os medios e modos nos que se desenvolve. O seu obxectivo é auscultar e diagnosticar a industria do Xornalismo, subliñar os seus puntos fortes, mostrar as posibilidades que abre a multiplicación de soportes e as novas pantallas de distribución, rescatar logros do pasado e modelos de calidade que funcionaron e seguen funcionando, propoñer ideas para mellorar a formación dos xornalistas e adaptar os plans de estudo aos perfís profesionais que demanda o mercado.
-Silverlight de Microsoft: Microsoft Silverlight é unha estrutura para aplicacións web que agrega novas funcións multimedia como a reprodución de vídeos, gráficos vectoriais, animacións e interactividade, en forma similar ao que fai Adobe Flash.
-Swivel: Convertidor de películas flash.
-Wordle: É unha aplicación en liña gratuíta que serve para xerar nubes de palabras ás que se lles pode dar diversos formatos visuais, a partir dun texto calquera elixido polo usuario.
-Widgenic
-XKCD.com: É unha historieta web creada por Randall Munroe, un deseñador de robots da NASA, natural de Chesterfield, Virginia Autodenominado "un cómic web de romance, sarcasmo, matemáticas e linguaxe".
Importancia do xornalismo de datos. Concepto. Significado. Trazos. Instrumentos. Antecedentes. Outras formas de xornalismo na actualidade. Futuro do xornalismo. Exemplos de xornalismo de datos.
O xornalismo de datos é unha disciplina que os medios de comunicación incorporaron nos últimos anos, ofrecéndolles aos lectores visualizacións e tratamentos de datos para explicar as novas de xeito claro e comprensible. Recábanse e analízanse grandes cantidades de datos con un software especializado para facer comprensible a información á audiencia a través de distintas vías, como poden ser infografías, aplicacións interactivas, artigos… É primordial que os xornalistas de investigación sepan como obter, limpiar e analizar os datos do entorno dixital.
Algunhas persoas consideran que “dato” é calquera colección de cifras, polo xeral reunidas nunha folla de cálculo. Fai 20 anos estos eran os únicos datos que se utilizaban, pero coa chegada da era dixital agora todo pode ser descrito con números.
Con este novo xornalismo, xorden un novo conxunto de habilidades para buscar, comprender e visualizar fontes dixitais, nunha etapa na cal as capacidades básicas do xornalismo tradicional non bastan, polo que é necesario engadirlle cousas.
Se nos detemos a analizar cal é a diferencia entre o xornalismo de datos e o tradicional, quizais poidamos concluír que son as novas posibilidades que aparecen cando se combina a tradicional búsqueda de noticias e a capacidade de narrar unha historia convincente grazas aos datos, coa escala e o alcance da información dixital dispoñible na actualidade.
Historia do Xornalismo de Datos
Todo comezou co intento de predecir o resultado das eleccións presidenciais de Estados Unidos en 1952, co xornalismo de computadora, cando a cadea CBS de Estados Unidos tratou de utilizar a expertos para tratar de predecir o resultado.
Este pode ser considerado un falso principio, xa que nunca chegaron a utilizar datos. Non foi ata o 1967 cando a análise de datos comezou a facerse popular. Neste ano, Philip Meyer, do Detroit Free Press utilizou un ordenador para analizar unha encuesta realizada aos residentes de Detroit co obxectivo de comprender e explicar os graves disturbios dese verán. Sen embargo, só uns poucos xornalistar utilizaron estas técnicas ata a década dos 80. Neses anos, Elliot Jaspin recibiu o recoñecemento no Providence Journal Bulletin por analizar bases de datos para contar as súas historias. A finais dos anos 80 xa había outros 50 xornalistas nos EEUU analizando datos para os seus artigos.
A todo esto axudou tamén as melloras nas computadoras persoais e o programa Nine Track Express, para facilitar a transferencia de cintas de computadora aos ordenadores cunha unidade de cinta portátil. Deste xeito, os xornalistas puideron eludir a burocracia e os retrasos habituais que sufrían ó usar computadoras centrais en periódicos e universidades.
Na década dos 90´s e ata principios do 2000, o uso do xornalismo asistido por computadora floreceu, debido fundamentalmente ós seminarios realizados en Missouri e en todo o mundo por Investigative Reporters and Editors (IRE) e NICAR, un programa conxunto do IRE e da escola de xornalismo de Missouri.
NICAR naceu no ano 1994, e incluiu ata 50 seminarios ao ano. No 1996 xa chegara a outros países, e xornalistas de todas as partes do mundo comezaron a asistir a eles. A organización mostroulles como as bases de datos internacionais podían ser usadas para encontrar historias propias os seus países ou como podían construir as súas propias bases de datos. Así, no ano 1999, xornalistas en Finlandia, Suecia, Nova Zelanda, Venezuela, Arxentina, Holanda, Noruega, Brasil, México, Rusia, Bosnia e Canadá xa producían historias gracias ao xornalismo de datos.
Mentras tanto, en Londres, a partir de 1997, o profesor de xornalismo Milverton Wallace comezou a celebrar unha conferencia anual chamada NetMedia, con sesións sobre Internet e clases de xornalismo por computadora dirixidas por xornalistas daneses de de NICAR. As clases contaban cunha boa asistencia de xornalistas do Reino Unido e outros países de Europa e África, polo que se foi extendendo.
Para Eva Rexarch, xornalista e responsable de redes sociais no CCCB (Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona), o futuro do xornalismo baséase nas súas orixes: na búsqueda de novas fontes, no relato obxectivo dos feitos e na análise de datos.
Outras formas de Xornalismo na Actualidade (Xornalismo cidadán)
Coa democratización dos canais de distribución na rede xorden novas voces con capacidade para influír no público. Os blogs e as redes sociais convertéronse no medio preferido dos usuarios na rede, que xa non só reciben información, senón que agora tamén comezan a producila.
Por conseguinte, o xornalismo xa non é un oficio exclusivo dos xornalistas. Coa Web 2.0, o rol de usuario e de autor confúndense formando un só. Probablemente, en toda esta rede de blogs e de redes sociais se atope o comezo do xornalismo do futuro. Sen embargo, para que esto chegue a suceder, é necesario que todos estes contenidos sexan fiables e que os usuarios confíen neles, xa que actualmente moitas das informacións que se poden atopar nestes canais non son certas.
Algúns exemplos de xornalismo de datos
- No causar daño: Serie publicada en 2010 por Las Vegas Sun sobre a atención en hospitais. Analizou máis de 2.900.000 rexistros de aranceis hospitalarios, que revelaron máis de 3600 lesións, infeccións e erros quirúrxicos evitables. Identificaron así máis de 300 casos nos que os pacientes morreran por erros que puideros evitarse. Contén distintos elementos, coma un gráfico interactivo no que se pode ver, por hospitais, onde se deron máis lesións quirúrxicas, un cronograma…
- Base de datos de salarios de empleados do Estado: Este proxecto do Texas Tribune reúne nunha base de datos a información dos salarios de 660.000 empleados estatais para que os usuarios busquen por ente estatal, nome ou salario.
- Misterios de Asasinatos: Proxecto realizado por Tom Hargrove do Scripss Howard News Service, quen a raíz dos datos oficiais e pedidos de acceso a rexistros públicos, creou unha base de datos que inclúe o detalle demográfico de máis de 185.000 asasinatos non resoltos. Ademáis, tamén deseñou un algoritmo para buscar patróns co obxectivo de atopar posibles asasinos en serie.
- Máquina de Mensaxes: Realizado por ProPublica. Un grupo de tuiteros expresou curiosidade tras ter recibido correos electrónicos diferentes da campaña de Barack Obama. Este público reenviou os correos a ProPublica, quenes recolleron os datos e contaron a historia deste fenómeno, o cal versa sobre a gran cantidade de datos utilizados en campañas políticas para dirixir mensaxes a individuos específicos.
En resumo, o documental aborda principalmente a temática do xornalismo de datos. Como se explica no mesmo, o xornalismo de datos é unha especialidade do xornalismo que consiste en recabar e analizar grandes cantidades de datos mediante software especializado. Tamén busca facer comprensible a información á audiencia a través de artigos, infografías, visualizacións de datos ou aplicacións interactivas.
Ten os seus antecedentes no xornalismo asistido por ordenador, utilizado por primeira vez na cadea de televisión CBS en 1952 para predecir os resultados das eleccións presidenciais.
O xornalismo de datos non só se analiza o comportamento das informacións e a recepción por parte da audiencia, senón que a recopilación de datos e a súa análise é tamén unha vía para obter informacións e conclusións, en moitas ocasións, exclusivas. A aplicación de técnicas do Big Data nas redaccións require o emprego de importantes recursos humanos e económicos, pero o resultado deste exhaustivo traballo proporciona informacións únicas apoiadas sobre datos fiables.
O que o noso grupo extraeu como conclusión de dito documental é que os xornalistas levan, dende a década dos 60 e ata a actualidade, monitorizado o poder a través da análise de datos públicos utilizando métodos científicos e a tecnoloxía da que dispoñen. É importante destacar que, a medida que a tecnoloxía avanza, facilítase que os xornalistas accedan a grandes cantidades de datos, imprescindibles para a publicación das súas informacións.
O proceso de traballo dun xornalista de datos inclúe o emprego de ferramentas especializadas na xestión e tratamento de datos como Scrapewiki, Google Charts, DataWrapper, Wordle ou Swivel.
Cómpre destacar que o periodismo de datos obtén as súas fontes das institucións, pero non toda a información é accesible ós xornalistas nin ó público en xeral.
No que respecta ó xornalismo na actualidade, nós consideramos que Internet e as redes sociais están cambiando a maneira de facer xornalismo. Con todo, os principios da profesión non mudaron (a verificación das informacións, o contraste de fontes, etc) a pesar da inmediatez que supoñen os novos medios sociais.
O periodista ten nas súas mans unhas ferramentas moi potentes que, ben utilizadas, ábrenlle posibilidades comunicativas sen precedentes. As novas tecnoloxías facilitan o acceso á información en tempo real, a fontes ás que antes era moi difícil localizar e, ademais, permiten converterse ao xornalista en difusor das súas propias informacións, facéndoas chegar a novos públicos e construíndo a súa marca persoal.
Baixo o noso punto de vista, todo isto non só supón un cambio para a profesión, senón unha mellora e, sobre todo, unha evolución, especialmente acelerada nos últimos anos.
Así pois, o xornalismo está en constante cambio. O futuro que o noso grupo prevé para a profesión xornalística está marcado por:
Aínda que o documental se centra no xornalismo de datos e na visualización dos mesmos, escoitando algunhas formulacións de profesionais da información como poden ser traballadores de The New York Times –como é o caso de Amanda Cox – hai que ter en conta que hai moitas máis posibilidades que se abren ante nós. O panorama dos medios de comunicación está mudando constantemente, grazas ás incorporacións das apps e das redes sociais. E nós, os que nos queremos adicar a esta profesión, temos que adaptarnos a estes cambios e convivir con eles.
En conclusión, o xornalismo de datos supón un importante desafío para os xornalistas, que moitas veces son incapaces de procesar, analizar e extraer historias de todos os datos cos que se atopan. O perfil dos profesionais cambiou. Agora precísanse persoas especializadas no Data Science que saiban cómo manexar bases de datos ou cómo extraer significado desos números aleatorios.
O periodismo de datos non é o único futuro; é soamente un dos moitos posibles. É decir, haberá medios que se dediquen exclusivamente ó xornalismo de datos. Non obstante, o noso grupo considera que noutro tipo de empresas, este tipo de técnicas (infografía, visualización) será un elemento máis dun conxunto de habilidades, outra forma de contar historias. Polo tanto, nós pensamos que é moi importante invertir nela.
Mapa Conceptual explicando as ideas básicas do xornalismo de datos
https://bubbl.us/?s=7477393#!Mzc2NzUzOS83NDc3MzkzL2U0MmE4Nzg2OWQzNjFmZWU2NDUzYzg4OWE0NTBlYzRi?X
BIBLIOGRAFIA (APA):
Gray, J., Bounegru, L., y Chambers, L. “Manual de periodismo de datos”. Recuperado de: http://interactivos.lanacion.com.ar/manual-data/
Peiró, Karma. Cuando los datos explican historias”. CCCBLAB, 7 de mayo de 2013. Recuperado de: http://lab.cccb.org/es/cuando-los-datos-explican-historias/
Rexach, Eva. “El futuro son los datos”. CCCBLAB, 30 de mayo de 2013. Recuperado de: http://lab.cccb.org/es/el-futuro-son-los-datos/

- Movilidade: o consumo de noticias en movilidade aumenta día a día. A popularización dos dispositivos con conexión a Internet (tablets, Smartphones) e das redes 4G que permiten a transmisión de grandes cantidades de datos a alta velocidade, facilita o consumo de información e de contidos audivisuais en calquer momento e dende calquer lugar.
- O poder do vídeo: é unha realidade que as informacións publicadas por Internet e medios sociais facilitan en maior medida a interacción entre emisores e receptores de información. Neste aspecto cómpre destacar que o consumo de contidos audiovisuais creceu no último ano un 155%. Principais aplicacións e redes sociais: Twitter, Instagram, Whatsapp, Snapchat, FaceBook, Periscope, Upclose… algunhas delas permiten realizar emisións de vídeo en streaming dende un teléfono móvil e que poden servir para ofrecer un punto de vista distinto dunha noticia calquera, ou para fomentar o contacto directo coa audiencia.
- Contido xeolocalizado e segmentado: os medios poden sacar partido das aplicacións para levar contidos específicos ós lectores que se encontran nunha determinada zona, facendo uso da xeolocalización da que dispoñen os seus dispositivos móviles. Dende o noso punto de vista, facer chegar un contido específico, local, a persoas interesadas nel pode chegar a ser tan importante como ser o primeiro en dar a información. A cuestión non está en informar soamente, senón en informar do que acontece, específicamente, no lugar no que o lector se atopa.
- Analítica en tempo real: a introdución de ferramentas analíticas nas redaccións, que permitan aos redactores saber cales son as historias con maior aceptación nun determinado momento, permitirá que aumenten a súa capacidade de reacción á hora de seguir co tema. Aplicacións como Chartbeat ofrecen información en tempo real que pode ser utilizada para saber qué noticias ou temáticas están despertando o interese dos lectores nese preciso momento.
- Popularizacións dos drons: aínda non son moi habituais en moitas redaccións pero a utilización de drons nos medios de comunicación, fundamentalmente audiovisuais, permite chegar e tomar fotografías e vídeos en lugares de difícil acceso a un custe relativamente baixo a longo prazo.