Nestas eleccións cómpre destacar un caso que asaltou os medios de comunicación polo suposto fraude estadístico na participación de ditos comicios, así como polo descoñecemento do funcionamento do calendario electoral e do voto CERA (censo electoral dos españois residentes ausentes que viven no estranxeiro). E é que supostamente se manipulou un artículo que compara os datos de 2009 cos de 2012, cando son totalmente diferentes.
Así, nos datos de 2009, inclúense os de participación final, incluíndo os dos residentes ausentes que forman parte de CERA, da mesma forma que os datos do censo en Galicia de residentes con dereito a voto (2.696.513) se dividen entre os electores residentes en Galicia (2.299.229) e os residentes no estranxeiro (397.284).
Os datos de 2012 son en todo momento provisionais e por iso se emprega o censo de 2.299.229 e entón sae o 63,83% (sobre 1.467.657).
En conclusión, isto explícase porque a Xunta, por primeira vez, non contabilizou ós abstencionistas residentes no estranxeiro que non solicitaran o dereito a voto.
Así, os porcentaxes comparativos reais son:

- O PP perde un 17,5% dos votos
- O PSOE perde un 44% dos votos
- A participación caeu un 8,97%