ELECCIÓNS DO ANO 2012 AO PARLAMENTO DE GALICIA
As eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012, que abriron paso á IX lexislatura, celebráronse anticipadamente o 21 de outubro de 2012 xunto coas eleccións ao Parlamento Vasco.
O 27 de agosto de 2012, seis días despois do adianto electoral anunciado no País Vasco polo seu lehendakari Patxi López, o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo anuncia tamén o adianto das eleccións en Galicia para facelas coincidir na mesma data, a pesar de que aínda restaban seis meses de lexislatura.
As eleccións ao Parlamento Galego de 2012 elixiron un total de 75 deputados, en 4 circunscripcións: A Coruña (24 deputados), Lugo (15 deputados), Ourense (14 deputados) e Pontevedra (22 deputados). Os 75 deputados escollerán ó Presidente da Xunta de Galicia, que se encargará de formar goberno, dando comezo a IX lexislatura, cunha duración de 4 anos (salvo, coma neste caso, que o presidente da Xunta decida un adianto electoral).
Os candidatos dos partidos con representación no Parlamento de Galicia foron:
- Alberto Núñez Feijoo polo PPdeG
- Pachi Vázquez polo PSdeG
- Francisco Jorquera polo BNG
- José Canedo por UPyD
- Xoán Bascuas por CxG
- Xosé Manuel Beiras por AGE
Ademais, estas eleccións significaron a reaparición en política de Mario Conde cun
novo proxecto: Sociedade Civil e Democracia (SCD)
CANDIDATURAS POR CIRCUNSCRIPCIÓNS:
A CORUÑA
LUGO
OURENSE
PONTEVEDRA
SONDEOS:
Según varios sondeos realizados para as eleccións de 2012, en concreto a enquisa preelectoral do Centro de Investigadores Sociolóxicas (CIS), o PP lograría de novo unha maioría absoluta nas eleccións galegas, celebradas o 21 de outubro. Así, volvería a conseguir os 38 escaños cos que xa contaba na anterior lexislatura. Como novidade, a Alternativa Galega de Esquerda (AGE), coalición formada por Esquerda Unida e Anova e liderada por xosé Manuel Beiras, lograría un deputado no Parlamento.
Por outra banda, o PSdeG perdería entre un e dous escaños, quedando entre 23 ou 24 deputados, fronte aos 25 logrados nas autonómicas de 2009. O BNG otorganselle os mesmos deputados cos que contaba no seu día (12) ou chega a apuntar a conseguir un máis.
A CORUÑA
- PPdeG: Beatriz Mato
- PSdeG-PSOE: Francisco Caamaño
- BNG: Francisco Jorquera
- EU-Anova: Xosé Manuel Beiras
- Otras candidaturas: CDL, Comunistas da Galiza, CXG,CXXI, Eb, FE-JONS, PACMA, PH, PT, SAIn, SCD, UC,UCE, UPyD
LUGO
- PPdeG: Raquel Arias Rodríguez
- PSdeG-PSOE: Concepción Burgo López
- BNG: Cosme Pombo Rodríguez
- EU-Anova: Ramón Vázquez Díaz
- Otras candidaturas: CDL, CXG, CXXI, Eb, FE-JONS,Hartos.org, PACMA, PT, PUM+J, PYC, SCD, UCE, UPyD
OURENSE
- PPdeG: Jesús Vázquez Abad
- PSdeG-PSOE: Pachi Vázquez
- BNG: Tereixa Paz
- EU-Anova: David Fernández Calviño
- Otras candidaturas: CDL, CXG, CXXI, DO, Eb, FE-JONS,PACMA, PIRATAS.GAL, PT, PUM+J, PYC, SCD, UCE,UPyD
PONTEVEDRA
- PPdeG: Alberto Núñez Feijóo
- PSdeG-PSOE: Abel Losada Álvarez
- BNG: Carlos Aymerich
- EU-Anova: Juan Manuel Fajardo
- Otras candidaturas: ADCG, CDL, Comunistas da Galiza,CXG, CXXI, DeC, Eb, FE-JONS, PACMA, PIRATAS.GAL,PH, PUM+J, PT, SCD, SDD, UCE, UPyD
SONDEOS:
Según varios sondeos realizados para as eleccións de 2012, en concreto a enquisa preelectoral do Centro de Investigadores Sociolóxicas (CIS), o PP lograría de novo unha maioría absoluta nas eleccións galegas, celebradas o 21 de outubro. Así, volvería a conseguir os 38 escaños cos que xa contaba na anterior lexislatura. Como novidade, a Alternativa Galega de Esquerda (AGE), coalición formada por Esquerda Unida e Anova e liderada por xosé Manuel Beiras, lograría un deputado no Parlamento.
Por outra banda, o PSdeG perdería entre un e dous escaños, quedando entre 23 ou 24 deputados, fronte aos 25 logrados nas autonómicas de 2009. O BNG otorganselle os mesmos deputados cos que contaba no seu día (12) ou chega a apuntar a conseguir un máis.
Neste enlace: http://datos.cis.es/pdf/Es2958mar_A.pdf podemos atopar un estudo do CIS desenvolvido ao longo do 2012 que recolle a intención de voto da cidadanía galega respecto das autonómicas dese ano. Nel realízase unha serie de preguntas acerca da situación política e social a nivel nacional e autonómico, así como cuestións sobre a propia situación socioeconómica dos enquisados, que en certo modo repercute na súa escolla. Ademais da súa intención de voto, tamén se pregunta ós entrevistados cal pensa que será o partido vencedor dos comicios e se están de acordo en posibles pactos. En resumo, é un estudo exhaustivo que reflexa de maneira bastante precisa, aínda que non de todo acertada, como é habitual neste tipo de enquisas, os resultados electorais das autonómicas de 2012.