FUTURO TECNOLÓXICO SEN PRIVACIDADE
Yuval Noah Harari,historiador e escritor, concedeu unha entrevista na que dá o seu punto de vista sobre os avances cientificos e tecnolóxicos tendo en conta todas as vantaxes que estes levan pero aínda máis falando sobre os perigos que carrexa.
Para el está claro que o ser humano desexa a inmortalidade e para iso está a traballar na forma de conseguila,pero non como anteriormente con remedios caseiros e bos coidados senón mediante pezas biónicas integradas no corpo humano que poderían alongar a esperanza de vida. Sobre isto, o exemplo que pon é que se te pos sensores biométricos que estean continuamente xestionando a túa presión arterial, os teus niveis de azucre e transmites eses datos a Google, Apple ou Facebook e dinche que empezas a xestar un cancro podes solucionar o problema, polo que hai moita xente á que se lle din que con estar monotorizado por google 24 horas diarias para o resto dos seus días poderá salvar a súa vida,moita o fará.
Engade ao tema da inmortalidade que vai supoñer unha clara diferenza entre persoas ricas e pobres, isto débese a que as persoas máis adiñeiradas serán as que máis comodidades e facilidades teñan para obter e permitirse estas pezas biónicas polo que poderán aumentar as súas esperanzas de vida, mentres que cos pobres só aumentarán as desigualdades tanto económicas como de saúde e sanidade.
Esta entrevista lévanos a concienciarnos sobre o tema do ciberespazo o cal ten unha gran importancia na sociedade actual. Conecta a persoas de todo o planeta que comparten información entre elas e ademais permite acceder aos contidos de forma moi rápida, o que facilita ás persoas atopar o que queren ou realizar trámites de forma máis rápida e sinxela. Sen embargo o ciberespazo conta cun grave problema, sabes quen sobe os datos que alí atopas pero non sabes quen chega ata eles e en que forma os vai empregar, non so os datos que un mesmo pon sendo plenamente consciente senon datos persoais que non che decatas onde acaban ou que non podes evitar onde acaban como son os datos académicos ou os bancarios.
Por isto son moitos os expertos que piden regular este aspecto dá nosa vida cotiá, dá nosa realidade virtual. Un exemplo sería Ramón Salaverría, profesor de Xornalismo na Universidade de Navarra quen adica parte do seu tempo a percorrer España facendo conferencias coa intención de concienciar sobre os perigos do Internet dás cousas. Como nos mesmos puidemos escoitar o 26 de febreiro do 2016 no Consello da Cultura Galega.
En conclusión, o ciberespazo, os avances tecnolóxicos, internet... teñen as súas vantaxes pero tamen o risco continuo da exposición a que nos sometemos. Polo que debemos coidar a nosa privacidade e procurar obter beneficios sen facer perxuizos a ninguen.