O sistema electoral español está conformado por unha serie de procesos nos que se establecen uns prazos e unhas pautas concretas que propician que este proceso sexa completamente legal. Este sistema entrou en vigor no ano 1978, configurado dentro da Constitución dese mesmo ano e que se rexe pola Lei Orgánica 5/1985 do 19 de xuño do Réxime Electoral, modificada posteriormente por unha reforma realizada na mesma Constitución, no ano 2011. A lexislación electoral vixente regula tanto as eleccións ao Congreso dos Deputados, o Senado, o Parlamento Europeo e ós diversos concellos.
Así, a lexislación que actualmente regula os procesos electorais en España consiste nas seguintes normas:
3. Formación dos partidos políticos: as candidaturas deberán ser presentadas entre 15 e 20 días despois da publicación da convocatoria. As Xuntas Electorais competentes realizan a proclamación de candidatos 27 días despois á convocatoria, e un día despois as listas fanse públicas.
4. Campaña electoral: comezará 38 días despois da convocatoria. O tempo de duración da mesma será 15 días, terminando o día antes das votacións.
5. Votacións: a lei D’hondt é un sistema electoral de cálculo proporcional que divide o número de votos emitidos para cada partido entre o número de cargos electos cos que conta cada circunscripción. Para iso, ordénanse de maior a menor os votos obtidos polas candidaturas que conseguiran, al menos, o 3% das papeletas. Posteriormente, divídese o número de votos obtidos por cada candidatura entre 1, 2, 3… ata un número igual ó de escanos correspondentes á circunscripción. Os escanos atribúense ás candidaturas que obteñan os cocientes maiores, atendendo a unha orde decrecente.
Tipos de voto:
6. Escrutinio: o escrutinio comezará cando se finalice a xornada de votación. Ao rematar, farase un escrutinio xeral, o cal servirá xunto aos votos emitidos por españoles no estranxeiro para que a xunta teña o escrutinio completo e, un día despois, proclamarase definitivamente o gañador.
Concluído o proceso electoral levarase a cabo o acto de investidura. Na Constitución Española o candidato proposto polo Rei (previa consulta cos representantes designados polos grupos políticos con representación parlamentaria) a través do Presidente do Congreso, expón ante o Congreso dos Deputados o programa político do goberno que pretende formar, solicitando a confianza da Cámara, que debe ser outorgada por maioría absoluta ou por maioría simple en segunda votación, celebrada corenta e oito horas despois da anterior.
Outorgada a confianza para a investidura ó primeiro candidato, ou a outro proposto polo Rei na mesma forma, éste último noméao Presidente do Goberno. Se transcurridos dous meses a partir da primeira votación de investidura ningún candidato obtivo a confianza do Congreso, o Rei entón disolverá as Cámaras, convocando novas eleccións.
ELECCIÓNS AO CONGRESO:
ELECCIÓNS Ó SENADO:
ELECCIÓNS MUNICIPAIS:
En España, o sistema electoral para as eleccións municipais baséase na votación mediante listas pechadas e a asignación de concelleiros seguindo o sistema D’Hondt. O umbral electoral esixido a cada candidatura é do 5% para obter representación. A Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREX) determina o número de concelleiros de cada municipio en función do número de habitantes censados.
HABITANTES
CONCELLEIROS
Ata 100
3
De 101 a 250
5
De 251 a 1000
7
De 1001 a 2000
9
De 2001 a 5000
11
De 5001 a 10.000
13
De 10.001 a 20.000
17
De 20.001 a 50.000
21
De 50.001 a 100.000
25
De 100.001 a 300.000
27
De 300.001 a 500.000
29
De 500.001 a 700.000
31
De 700.001 a 900.000 (Valencia)
33
De 1.500.000 a 1.700.000 (Barcelona)
41
De 3.100.000 a 3.300.000 (Madrid)
57
O sistema creado pola LOREX aplícase da seguinte maneira:
A outra característica do sistema é que nos municipios de máis de 250 habitantes vótase mediante listas completas, cerradas e bloqueadas. É dicir, vótase á candidatura (partido), non ás persoas, e non se pode dar maior ou menor peso a cada un dos que integran ditas candidaturas. Son elixidos os candidatos da lista que estiveran nas primeiras posicións, tantos como concelleiros obtivera a candidatura. En cambio, nos municipios de ata 250 habitantes vótase mediante listas abertas.
Bibliografía consultada:
Ministerio del Interior, portal corporativo. “Método D’Hont”. Ministerio del Interior, Subsecretaría de Dirección General de Política Interior. <http://www.infoelectoral.mir.es/web/guest/metodo-d-hondt
— “Procedimientos de votación”. Ministerio del Interior, Subsecretaría de Dirección General de Política Interior. <http://www.infoelectoral.mir.es/web/guest/procedimientos-de-votacion>
España. Ley Orgánica 5/1985, de 19 de junio, del Régimen Electoral General. Boletín Oficial del Estado, 21 de junio de 1985. <http://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-11672>
Enciclopedia Jurídica. “Investidura del Presidente de Gobierno”.Enciclopedia – Jurídica <http://www.enciclopedia-juridica.biz14.com/d/investidura-del-presidente-del-gobierno/investidura-del-presidente-del-gobierno.htm >
http://www.juntaelectoralcentral.es/cs/jec/loreg

- A Constitución española de 1978
- A Lei Orgánica 5/1985 do Réxime Electoral
- A Lei Orgánica 2/2011, do 28 de xaneiro, pola que se modifica a Lei Orgánica 5/1985.
- Convocatoria de eleccións: a convocatoria de eleccións pódese dar en dous casos.
- Por un lado, que o presidente do Goberno ou da Comunidade Autónoma en cuestión decida poñer fin ó seu mandato antes de acabar a súa lexislatura. Neste caso os decretos de convocatoria publicaríanse un día despois da renuncia do presidente. Se son eleccións xerais publicaranse no Boletín Oficial do Estado (BOE). Se fosen elección autonómicas publicaranse no Boletín Oficial da Comunidade Autónoma en cuestión.
- Por outro lado, que o presidente do Goberno ou da Comunidade Autónoma decida non poñer fin ao seu mandato antes de acabar a súa lexislatura. Neste segundo caso os decretos de convocatoria realizaranse 25 días antes da finalización da lexislatura actual. Ao día seguinte publicaranse no BOE ou no Boletín Oficial da Comunidade Autónoma en caso de eleccións, as cales se celebrarán 54 días despois da publicación da convocatoria.
3. Formación dos partidos políticos: as candidaturas deberán ser presentadas entre 15 e 20 días despois da publicación da convocatoria. As Xuntas Electorais competentes realizan a proclamación de candidatos 27 días despois á convocatoria, e un día despois as listas fanse públicas.
4. Campaña electoral: comezará 38 días despois da convocatoria. O tempo de duración da mesma será 15 días, terminando o día antes das votacións.
5. Votacións: a lei D’hondt é un sistema electoral de cálculo proporcional que divide o número de votos emitidos para cada partido entre o número de cargos electos cos que conta cada circunscripción. Para iso, ordénanse de maior a menor os votos obtidos polas candidaturas que conseguiran, al menos, o 3% das papeletas. Posteriormente, divídese o número de votos obtidos por cada candidatura entre 1, 2, 3… ata un número igual ó de escanos correspondentes á circunscripción. Os escanos atribúense ás candidaturas que obteñan os cocientes maiores, atendendo a unha orde decrecente.
Tipos de voto:
- Voto en acto de presencia
- Voto por correo para aquelas persoas que residen en España
- Voto por correo para aquelas persoas que non saben se se encontrarán no país o día da votación
- Voto por correo para aquelas persoas que non residen en España
6. Escrutinio: o escrutinio comezará cando se finalice a xornada de votación. Ao rematar, farase un escrutinio xeral, o cal servirá xunto aos votos emitidos por españoles no estranxeiro para que a xunta teña o escrutinio completo e, un día despois, proclamarase definitivamente o gañador.
Concluído o proceso electoral levarase a cabo o acto de investidura. Na Constitución Española o candidato proposto polo Rei (previa consulta cos representantes designados polos grupos políticos con representación parlamentaria) a través do Presidente do Congreso, expón ante o Congreso dos Deputados o programa político do goberno que pretende formar, solicitando a confianza da Cámara, que debe ser outorgada por maioría absoluta ou por maioría simple en segunda votación, celebrada corenta e oito horas despois da anterior.
Outorgada a confianza para a investidura ó primeiro candidato, ou a outro proposto polo Rei na mesma forma, éste último noméao Presidente do Goberno. Se transcurridos dous meses a partir da primeira votación de investidura ningún candidato obtivo a confianza do Congreso, o Rei entón disolverá as Cámaras, convocando novas eleccións.
ELECCIÓNS AO CONGRESO:
- O Congreso está formado por 350 deputados.
- A cada provincia correspóndelle un mínimo inicial de dous deputados. As poboacións de Ceuta e Melilla están representadas cada unha delas por un deputado.
- Os douscentos corenta e oito deputados restantes distribúense entre as provincias en proporción á súa poboación de dereito.
- Cabe notar que aínda que os deputados se elixen en circunscripcións provinciais, en realidade son deputados nacionais que representan a toda a nación, polo que necesariamente teñen relación ou responsabilidade coa provincia pola que son elixidos.
- A porcentaxe mínima de votos do 3% para considerar unha candidatura só ten implicacións prácticas nas circunscripcións grandes nas que se escollen moitos deputados (Madrid, Barcelona). No resto, ese mínimo non inflúe na adxudicación de escanos.
ELECCIÓNS Ó SENADO:
- Os senadores son elixidos por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto, excepto os elixidos polos Parlamentos Autonómicos. Na X Lexislatura o Senado ten 266 membros, dos que 208 son electos e 58 destinados polos Parlamentos Autonómicos.
- Os senadores chamados autonómicos son designados polas Asambleas Lexislativas das Comunidades Autónomas: 1 por Comunidade Autónoma, e outro máis por cada millón de habitantes do seu respectivo territorio. O resto son elixidos en eleccións xerais e repártense da seguinte maneira:
- En cada provincia peninsular catro senadores
- En cada provincia insular (Gran Canaria, Tenerife, Mallorca) tres senadores
- Por Ceuta e Melilla dous senadores por cada unha das cidades autónomas
- Polas seguintes illas un senador: Ibiza-Formentera (conxuntamente); Menorca, Fuerteventura, Gomera, El Hierro, Lanzarote e A Palma
- A diferenza do Congreso, no que se vota a un partido mediante listas pechadas, no Senado vótase á persoa, ó candidato proposto por cada un dos partidos.
ELECCIÓNS MUNICIPAIS:
En España, o sistema electoral para as eleccións municipais baséase na votación mediante listas pechadas e a asignación de concelleiros seguindo o sistema D’Hondt. O umbral electoral esixido a cada candidatura é do 5% para obter representación. A Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREX) determina o número de concelleiros de cada municipio en función do número de habitantes censados.
HABITANTES
CONCELLEIROS
Ata 100
3
De 101 a 250
5
De 251 a 1000
7
De 1001 a 2000
9
De 2001 a 5000
11
De 5001 a 10.000
13
De 10.001 a 20.000
17
De 20.001 a 50.000
21
De 50.001 a 100.000
25
De 100.001 a 300.000
27
De 300.001 a 500.000
29
De 500.001 a 700.000
31
De 700.001 a 900.000 (Valencia)
33
De 1.500.000 a 1.700.000 (Barcelona)
41
De 3.100.000 a 3.300.000 (Madrid)
57
O sistema creado pola LOREX aplícase da seguinte maneira:
- Desestimación das candidaturas con menos do 5% de votos
- Entre as candidaturas que superen o 5%, divídense os votos obtidos por cada candidatura entre 1, 2, 3, 4… e así ata o número de concelleiros a elixir
- Clasifícanse os cocientes obtidos en orde decrecente e atribúense os concelleiros ó partido correspondente a cada cociente, ata completar o número total de concelleiros a asignar