Title Text. Haz clic aNa enttrevista, Yuval Harari fai una predicción do fututo un tanto preocupante, na que o mundo se dividirá en “superhumanos” e persoas inservibles para a sociedade. Esto sería posible só para os máis ricos, xa que os humanos poderán aumentar as súas capacidades grazas a o seu poder económico. Poderíase comparar isto con que fai siglos, só os máis poderosos tiñan a posibilidade de estudar e formarse, polo tanto esos eran os “superhumanos” do pasado, que podían cambiar o mundo. Entón se podemos comparar ambas situacións, deberiamos plantexarnos se realmente estamos avanzando. Por suposto, esto pasaría únicamente se a predicción de Harari se cumprise, pero non penso que vaia a ser así xa que creo (e quero) pensar que o resto da poboación máis pobre non o permitiría.
Tampouco estou de acordo ca frase “Ahora somos mucho más poderosos que en la Edad de Piedra pero la gente no es significativamente más feliz”. Na miña opinión, grazas as novas tecnoloxías, temos un maior control da nosa vida, o que nos fai máis felices. Por exemplo, debido a internet descubrimos novas aficións, novas formas de pensar, outras culturas, que pouco a pouco nos van facendo máis felices sen decatarnos. Sen o ciberespazo, a sociedade non avanzaría tan rápido.
En conclusión, aínda que a tecnoloxía nos axude en moitos aspectos, creo que nos están “deshumanizando”. Se vamos de vacacións, preocupámonos máis de subir unha foto a redes sociais que de disfrutar do momento. Se non atopamos parella, confiámos en unha web de contactos para que nos consiga unha. Son aspectos que agora vemos como algo normal, pero que se os vemos desde outro punto de vista, dan unha imaxe de total dependencia da tecnoloxía que só irá a peor.quí para editar.
Click here to edit.