xornalismo en méxico: dende o ano 2000 á actualidade
México encabeza a lista de maior concentración de medios a nivel mundial e ocupa o terceiro lugar entre os países da OCDE que máis caros ofrecen os seus servizos. Isto fai que a diversidade e o pluralismo no debate democrático se encontre seriamente limitado, por este preciso control dos medios de comunicación. Ademais disto, cómpre destacar que a situación dos xornalistas neste país é deplorable. En palabras da periodista Hannia Novell “Es triste y lamentable que hoy tengamos más periodistas caídos en México que soldados en Irak”.
Os ataques contra xornalistas aumentaron considerablemente tras o inicio da guerra contra o narcotráfico en México no ano 2006, xa que os cárteles da droga neste país atacaron reiteradamente ós medios de comunicación. Tanto é así que algúns xornalistas deixaron de cubrir a guerra contra as drogas por completo despois de que os seus compañeiros, ou eles mesmos, foran ameazados, secuestrados ou incluso, asasinados. Así, a maior parte de profesionais en México se resigna a reportar a partir dos comunicados de prensa do goberno, por medo a futuras represalias.
A enorme censura á que están sometidos os profesionais da comunicación, así como a falta de transparencia por parte do Goberno e dos grandes sectores políticos e económicos, propiciou na cidadanía a aparición dun profundo sentimento de desconfianza e aversión deica os medios. Deste xeito, os xornalistas perderon a súa credibilidade e por esta razón os cidadáns mexicanos adoitan recorrer masivamente a blogs privados para obter a súa información.
Segundo o Comité para a Protección dos Xornalistas (CPJ), máis de 42 profesionais foron asasinados en México dende o ano 2006, e a Comisión Nacional de Dereitos Humanos (CNDH) presentou a principios de abril en Punta Cana, República Dominicana, un informe no que establece que dende o ano 2000 ata o 31 de xaneiro de 2016, 109 xornalistas foran asasinados en territorio mexicano. Este organismo sinala que os estados máis “letais” para o execicio do xornalismo son Veracruz, Tamaulipas, Guerrero, Chihuahua e Oaxaca. Asimismo, recentemente se deu a coñecer que México ocupa o séptimo lugar a escala mundial, e o primeiro en Lationamérica, de 13 países onde os homicidas ou autores intelectuais do asasinato de comunicadores non foron capturados ou procesados legalmente. As cifras corresponden ó índice Global de Impunidade, elaborado polo Comité para a Protección dos Xornalistas, que tomou como referente as execucións ocorridas entre 2004 e finais de 2013, e aquelas nacións con al menos cinco casos sen resolver.
En abril de 2013 aprobouse en México unha lei para perseguir os crimes contra xornalistas. Sen embargo, a organización con sede en Nova York detallou que, aínda sendo un paso importante para mellorar a liberdade de prensa, aínda existen 16 casos non esclarecidos en México.
Ademais, o CPJ detallou que o 96% das víctimas que se producen nos denominados “países de risco” son xornalistas nacionais e que, na súa maioría, se dedicaban á cobertura informativa da política, da corrupción e da guerra. Funcionarios dos gobernos e militares son considerados os principais sospechosos no 26% dos casos, e en menos do 5% os asasinos son levados ante a Xustiza.
Máis datos, agora de Reporteiros Sen Fronteiras (RSF), denuncian que a liberdade de prensa en todo o continente deteriorouse o pasado ano “polas crecentes tensións políticas acontecidas en numerosos países, alimentadas pola recesión económica, a incertidume sobre o futuro e os repliegues comunitarios”. No caso concreto de México, afirmou que “está marcado por unha longa serie de asasinatos de periodistas, crimes relacionados coa corrupción e o narcotráfico.”
México perdeu un posto na Clasificación Mundial da Liberdade de Prensa de RSF para situarse no lugar 149 de 180 nacións evaluadas, manténdose así entre os países que afrontan unha difícil situación no que respecta á liberdade de prensa, especialmente polos estragos do crime organizado, de cárteles do narcotráfico e de grupos paramilitares.
Ata xaneiro de 2015, as entidades con maior número de homicidios de comunicadores, reportados entre xaneiro de 2000 e xaneiro de 2015, son Veracruz e Chihuahua, cada un con 16 periodistas asesinados, segundo un informe da Fiscalía Especial para a Atención de Delitos Cometidos contra a Liberdade de Expresión da Procuraduría Xeral da República (PXR).
No listado seguen Tamaulipas con 13; Guerrero con 11; Sinaloa con 7; Oaxaca con 6; Durango con 4; e Distrito Federal, Estado de México e Michoacán con 4. Ademais, en Novo León e Sonora foron asesinados nese periodo 3 xornalistas, e 2 en Coahuila, Jalisco e Puebla. En Baixa California, Chiapas, Morelos, Quintana Roo e Tabasco rexistrouse un asesinato por estado nese mesmo lapso de tempo.
Para Amnistía Internacional, a situación de violencia contra periodistas en México revela “o fracaso das autoridades para garantizar a liberdade de expresión e protexer a quenes se dedican a informar, das ameazas e violencias derivadas do seu traballo.”
A Comisión Nacional de Dereitos Humanos (CNDH) indica que os ataques contra a prensa derivan en autocensura, desplazamento e exilio forzados de periodistas, xeración de espazos de silencio no país e vulneración dos principios fundamentais dunha sociedade aberta, plural e democrática.
Un dato moi importante a ter en conta é que con Enrique Peña Nieto ó frente da Presidencia da República, cada 26,7 horas un periodista é víctima dunha agresión en México. E non só iso, os ataques aumentaron aproximadamente un 80% en comparación co sexenio de Felipe Calderón Hinojosa, cando un comunicador era agredido cada 48,1 horas. De acordo co Informe "Estado de Censura” realizado por Artículo 19 (pode verse premendo no seguinte enlace), durante o sexenio anterior se documentaron 1092 agresións cun promedio anual de 182 ataques. Nos primeiros dous anos de Peña Nieto contabilizáronse 656 agresións (330 en 2013 e 326 en 2014), cun promedio de 328 ataques anuais.
|
O informe desta organización independente, defensora dos dereitos humanos, revela tamén que no sexenio de Calderón 54 periodistas foron asesinados – un promedio de nove por ano – mentras que nos dous primeiros anos de goberno de Peña Nieto foron dez os comunicadores mortos. E a cifra continúa aumentando vertixinosamente.
Sobre a desaparición de periodistas, Artículo 19 sinala que no actual goberno de Peña Nieto rexistráronse unha vintena de casos, mentres que en todo o sexenio de Calderón se documentou a desaparición de 10 traballadores dos medios de comunicación.
En canto a agresións a mulleres comuncadoras, o informe explicita que nos seis anos de goberno de Calderón, 192 mulleres sufriron algún tipo de agresión relacionada coa súa actividade profesional – un promedio de 32 por ano – mentres que só nos dous primeiros anos de Peña Nieto se rexistraron 122 ataques.
En resumo, cada vez é máis probable que o total de homicidios baixo o goberno de Peña Nieto será maior á cifra acumulada baixo Calderón. De feito, se a segunda metada da actual administración é similar á primeira, o total sexenal estaría cerca de 130 mil víctimas, ou 9 mil máis que na presidencia de Calderón.
Para a organización Artículo 19, a impunidade é o común denominador nas agresións a periodistas mexicanos rexistradas en ambas administracións, pois ata o momento prácticamente ningunha persoa foi sentenciada penalmente por eses ataques.
Os xornalistas que traballan en medios dixitais son, para esta organización, un dos grupos máis vulnerables na súa seguridade. Utilizar as plataformas dixitais como unha ferramenta para informar libremente é unha das razóns polas que son atacados, pois preténdese “impoñer a censura por medio da violencia”.
É frecuente a denominación de “anos escuros do xornalismo mexicano” para referirse á situación actual dos medios de comunicación do país. Como se puxo de manifesto, as vidas de centenares de profesionais corren perigo. E a violencia exercida contra este colectivo é moi diversa. Non só falamos de asasinatos, que quizais é o que máis pode chamar a atención, senón que tamén se dan numerosos casos de hostigamento, agresións físicas e verbais, desaparicións, secuestros, detencións ilegais, ataques a medios de comunicación con armas de diverso tipo… o peor de todo é que moitas veces ditas agresións non son postas en coñecemento das autoridades por falta de confianza no sistema ou incluso por medo ao mesmo.
En conclusión, con todas as cifras analizadas, pódese afirmar que desde o ano 2000 México é o país máis perigoso para exercer xornalismo en América latina.
É preocupante a impunidade que existe na gran maioría dos casos de violencia contra periodistas en México. A omisión do Estado respecto da súa obriga de efectuar unha investigación efectiva e completa dos ataques contra comunicadores provoca impunidade, desalenta a denuncia, xera un clima de amedentramento, propicia a autocensura e deteriora a calidade da vida democrática.
Algúns casos de violencia contra xornalistas no período que vai dende o 2000 até o 2016:

Asesinato:
Ameazas:
|
Desaparición:
Detención e agresión:
|